News 

Publicouse Okular 0.23

Wednesday, 19 August 2015
A versión 0.23 de Okular publicouse coa versión 15.08 das aplicacións de KDE. Esta versión permite usar a transición de esvaer no modo de presentación, así como algunhas solucións de problemas sobre anotacións e reprodución de vídeo. Okular 0.23 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.22

Wednesday, 15 April 2015
A versión 0.22 de Okular publicouse coa versión 15.04 das aplicacións de KDE. Okular 0.22 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.21

Wednesday, 17 December 2014
A versión 0.21 de Okular publicouse xunto coa versión 14.12 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a busca inversa de latex-synctex en dvi e pequenas solucións de problemas. Okular 0.21 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.19

Wednesday, 16 April 2014
A versión 0.19 de Okular publicouse xunto coa versión 4.13 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como separadores na interface, o uso de pantallas DPI para que o tamaño das páxinas se corresponda co tamaño real en papel, melloras coa infraestrutura de desfacer e refacer, e outras funcionalidades e refinamentos. Okular 0.19 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.18

Thursday, 12 December 2013
A versión 0.18 de Okular publicouse xunto coa versión 4.12 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a compatibilidade con son e vídeo en ficheiros EPub e tamén melloras en funcionalidades existentes como busca e impresión. Okular 0.18 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.17

Friday, 16 August 2013
A versión 0.17 de Okular publicouse xunto coa versión 4.11 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a de desfacer e refacer en formularios e anotacións e a posibilidade de configurar as ferramentas de revisión. Okular 0.17 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.16

Wednesday, 6 February 2013
A versión 0.16 de Okular publicouse xunto coa versión 4.10 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a posibilidade de ampliar a maiores niveis en documentos PDF, un visor baseado en Active para dispositivos de tableta, maior compatibilidade con filmes de PDF, o campo de vista segue a selección, e melloras na edición de anotacións.Okular 0.16 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Foro de Okular

Wednesday, 10 October 2012
We now have a subforum inside the KDE Community Forums. You can find it at http://forum.kde.org/viewforum.php?f=251.

Publicouse Okular 0.15

Wednesday, 1 August 2012
A versión 0.15 de Okular publicouse xunto coa versión 4.9 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a posibilidade de almacenar anotacións con documentos PDF, maior compatibilidade con filmes de PDF, permisión de varios marcadores por páxina, e outras pequenas melloras. Pode atopar unha lista incompleta de fallos e funcionalidades en bugzilla. Okular 0.15 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.

Publicouse Okular 0.14

Wednesday, 25 January 2012
A versión 0.14 de Okular publicouse coa versión 4.8 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a mellora da selección de texto en documentos con columnas, a ferramenta de selección de táboas, renderización de LaTeX en anotacións, mellora da funcionalidade de inclusión (que se usa, p. ex., en Kile), unha mellor distribución das páxinas emparelladas, unha xestión máis intelixente do protector de pantalla e a xestión de enerxía, unha mellor compatibilidade coas etiquetas de páxinas, unha configuración predeterminada de ampliación, melloras da impresión apaisada, etc. Read More