Skip to content

Publicouse Okular 1.8

Thursday, 15 August 2019


A versión 1.8 de Okular publicouse coa versión 19.08 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce a funcionalidade de definir os finais das anotacións de liña e moitos outras solucións de erros e pequenas funcionalidades. Pode revisar o rexistro de cambios completo en https://www.kde.org/announcements/fulllog_applications.php?version=19.08.0#okular. Okular 1.8 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.