Publicouse Okular 0.8
O equipo de Okular está orgulloso de anunciar unha nova versión de Okular, publicada como parte de KDE 4.2. Algunhas das novas funcionalidades e melloras inclúen (en orde aleatoria):
- Engadir unha opción de arquivado de documento
- Iniciar unha busca desde a páxina actual
- Compatibilidade preliminar con vídeos en documentos PDF
- Melloras no modo de presentación: bloqueo do protector de pantalla e modo de pantalla negra
- Máis anotacións de selo
- Compatibilidade coas ligazóns de «apuntar e premer» de Lilypond
- Configuración do editor para busca inversa
- Exportación a texto de OpenDocument e HTML para as infraestruturas de ODT, Fictionbook e EPub (require Qt 4.5)
- Nova infraestrutura para documentos de fax G3 e G4
- Infraestrutura de DjVu: melloras da xestión de memoria
- Infraestrutura de texto de OpenDocument: varias melloras
- …outras pequenas funcionalidades e correccións