Publicouse Okular 0.6.3

Wednesday, 2 April 2008


A terceira versión de mantemento da serie 4.0 de KDE inclúe Okular 0.6.3. Inclúe algunhas correccións de fallos, por exemplo un mellor xeito de obter a posición do texto nun documento PDF, e un par de correccións para o sistema de anotacións e o índice. Pode consultar todos os problemas solucionados en http://www.kde.org/announcements/changelogs/changelog4_0_2to4_0_3.php