Publicouse Okular 0.15
A versión 0.15 de Okular publicouse xunto coa versión 4.9 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a posibilidade de almacenar anotacións con documentos PDF, maior compatibilidade con filmes de PDF, permisión de varios marcadores por páxina, e outras pequenas melloras. Pode atopar unha lista incompleta de fallos e funcionalidades en bugzilla. Okular 0.15 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.