Skip to content

Publicouse Okular 0.14

Wednesday, 25 January 2012


A versión 0.14 de Okular publicouse coa versión 4.8 das aplicacións de KDE. Esta versión introduce novas funcionalidades como a mellora da selección de texto en documentos con columnas, a ferramenta de selección de táboas, renderización de LaTeX en anotacións, mellora da funcionalidade de inclusión (que se usa, p. ex., en Kile), unha mellor distribución das páxinas emparelladas, unha xestión máis intelixente do protector de pantalla e a xestión de enerxía, unha mellor compatibilidade coas etiquetas de páxinas, unha configuración predeterminada de ampliación, melloras da impresión apaisada, etc. Pode atopar unha lista incompleta de fallos e funcionalidades en bugzilla. Okular 0.14 é unha actualización recomendada para calquera que use Okular.